25 NOVEMBRO
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
POR JESSICA MERA REDONDO
Con motivo do 25 de novembro, DÃa Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, inaugurouse na entrada do noso centro a exposición Non me ves? para denunciar a invisibilización de mulleres artistas. Trátase dun proxecto internivelar vinculado ao Plan Proxecta Donas de si e coordinado pola profesora Jessica Mera co alumnado de terceiro de ESO e de primeiro de bacharelato desde as materias de Educación Plástica e Visual e Proxectos ArtÃsticos.
​
No mundo da arte e a cultura en xeral sempre soan os mesmos nomes: Julia
Minguillón, Maruja Mallo… e ese coñecemento é o que chega ao alumnado pero, onde están as outras? Esta reflexión levou á configuración do proxecto. Dividiuse o traballo en dúas fases: investigación de artistas (homes e mulleres) e a construción dun cubo. Na montaxe participaron o alumnado de primeiro de bacharelato. A súa responsabilidade: plasmar visualmente o lugar inxustamente asignado ás mulleres na historia, na cultura e na escola. En plano oblicuo, sombreadas, ocultas, esquecidas. A exposición irá evolucionando ao longo das semanas, engadindo aos poucos a información de máis artistas
8 MARZO
​Día Internacional da Muller
POR JESSICA MERA REDONDO
Para conmemorar o DÃa Internacional da Muller, na materia de Educación Plástica Visual e Audiovisual, o alumnado de 3º ESO, ilustrou a mulleres relevantes galegas de diferentes ámbitos.
Para iso, primeiro buscaron información coa axuda de profesoras doutras materias. Da investigación de mulleres cientÃficas ocupouse MarÃa Moares de FÃsica e QuÃmica e da procura de escritoras galegas ocupouse LucÃa González, de Lingua e Literatura Galega.
​
Para crear a exposición buscamos unha estética común, por iso, a ilustración situouse nun espazo cos mesmos marxes, puxemos o nome da muller coa mesma tipografÃa, tamaño e peso e engadimos os logos (un da especialidade á que corresponde á muller e outro o de Cos ollos na igualdade). As técnicas para pintala foron libres ( lapis de cores, rotuladores, acuarelas...)