top of page
logo club de arte-05.png

Investigación de mulleres na ciencia
POR MARÍA MOARES RIAL

Dende a materia de Física e Química, no curso de 3ºESO (3ºC e 3ºD), colaborouse co Proxecto Donas de Si, a través da investigación.

Esta investigación tivo lugar no segundo trimeste, porque no estudo da evolución da táboa periódica, só aparecen o nome de homes. O que pode levar a preguntarnos, se só eran os homes realmente os que estudaban ou o papel que podían ter as mulleres nesta investigación ou noutras similares. Deste xeito, o alumnado no segundo trimestre realizou un traballo sobre as mulleres científicas galegas, relacionadas con diversas ciencias: matemáticas, astroloxía, ciencias do mar, física, química, aviación …. 

Primeiramente cada alumno/a buscou tres mulleres científicas indicando a rama da súa ciencia e a época na que  viviu. A continuación, a cada un adxudicóuselle unha das científicas para a súa investigación. Nesta investigación tiveron que facer especial fincapé na época na que estas mulleres desenrolaron a súa actividade, relacionando dita época coas dificultades coas que se atoparon para lograr os seus obxectivos, e incluso nalgúns casos realizar os seus estudos. Indicar que dentro das científicas estudadas, había unha gran variedade de idades, co cal este último punto foi determinante para visualizar o avance do papel da muller na investigación.

 

Por último, realizouse unha pequena posta en común sobre os motivos que propiciaron que a muller lograse o seu oco na investigación. Dito traballo, conxuntamente con outros, serviu de base a realización dos diversos xogos que se desenvolveron neste proxecto.

PHOTO-2023-03-10-12-08-14.jpg
bottom of page