top of page

23 de ABRIL
​Día do Libro

POR JESSICA MERA REDONDO

O xoves 20 de abril, co motivo da celebración o día 23 de abril do día do libro, acompañounos a escritora Ánxela Gracián, que falou sobre o seu libro "Donas de nós".

Asistiu o alumnado de 1º ESO, que traballou esa obra na clase de Lingua e Literatura Galega e fixeron unhas ilustracións en Educación Plástica. Ademais fíxose unha exposición desas ilustracións.

 

PROXECTO 
INTERDISCIPLINAR

Lucía González. Lingua e Literatura Galega

Jessica Mera. Educación Plástica Visual e Audiovisual

FASES 

  1.  LECTURA E ANÁLISE DA OBRA

Na materia de galego, impartida por Lucía González, leron a obra e analizárona. Coñeceron en profundidade os seus personaxes e características.

51WD8Fx2yZL._SR600,315_PIWhiteStrip,BottomLeft,0,35_SCLZZZZZZZ_FMpng_BG255,255,255.png

2. TALLER DE TEXTURAS

Como parte da unidade didáctica de cor e texturas, o alumnado de primeiro de Educación Plástica creou un catálogo de texturas que serían utilizadas despois nas súas ilustracións.

 

3. CREACIÓN DAS ILUSTRACIÓNS

Para terminar o proxecto. Realizáronse as ilustracións do libro. Para iso, primeiro dividíronse as escenas entre o alumnado. O formato elixido para darlle coherencia visual foi un A3, en cartolina e a orientación en horizontal.

PUBLICACIÓN

Para terminar o proxecto, convidamos á escritora da obra para que nos falase do seu libro e poder ensinarlle o traballo do alumnado. Para a realización do acto axudounos o Equipo de Dinamización Lingüística.

bottom of page