25 NOVEMBRO
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
POR LUCÍA GONZÁLEZ CAMPOS
O alumnado de 1°ESO-B do noso IES aproveitou as aprendizaxes arredor dos xéneros literarios para reflexionar sobre os escritores e escritoras que coñecían, case todos homes. Por iso, realizaron unha webquest por parellas sobre mulleres autoras na que investigaron e deron a coñecer ao grupo-clase figuras como Teresa Moure, Olga Novo, Arancha Nogueira ou María Reimóndez, entre outras. Como resultado desta actividade, elaboraron pósters de cadansúa autora e penduráronos no corredor do centro, aproveitando a conmemoración do 25N.
Como colofón a este microproxecto, o venres 25 de novembro recibimos á autora Ana Vila Portomeñe, que conversou con todo o alumnado de 1°ESO sobre a escrita feminina en galego, entre outras cuestións.
23 FEBREIRO
DÍA DE ROSALÍA
POR LUCÍA GONZÁLEZ CAMPOS
Para conmemorar o Día de Rosalía, o alumnado de 1° ESO achegouse a varios dos seus poemas para representalos a través dunhas viñetas de cómic. A rapazada, organizada en grupos, escolleu para iso algúns dos versos que máis lle gustaron e intentou plasmar o seu contido a través de imaxes que amosaban os significados das letras da nosa poeta máis internacional.
23 de ABRIL
Día do Libro
POR LUCÍA GONZÁLEZ CAMPOS
O xoves 20 de abril, co motivo da celebración o día 23 de abril do día do libro, acompañounos a escritora Ánxela Gracián, que falou sobre o seu libro "Donas de nós".
Asistiu o alumnado de 1º ESO, que traballou esa obra na clase de Lingua e Literatura Galega e fixeron unhas ilustracións en Educación Plástica. Ademais fíxose unha exposición desas ilustracións.
PROXECTO
INTERDISCIPLINAR
Lucía González. Lingua e Literatura Galega
Jessica Mera. Educación Plástica Visual e Audiovisual