top of page
logo club de arte-05.png

11 FEBREIRO
DÍA DA MULLER E A NENA
NA CIENCIA

POR TANIA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ

Os alumnos e alumnas de 3ºESO tiveron hoxe a oportunidade de falar con Mº Isabel Fernández García, catedrática de Química Inorgánica e escritora do libro “Pioneiras de Ciencias de Lugo”, con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia. Mº Isabel faloulles aos rapaces e rapazas das dificultades ás que se enfrontaron as primeiras mulleres galegas para licenciarse en carreiras científicas.

ESCAPE ROOM
MULLERES NA CIENCIA
POR TANIA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ


Elaboración de cartas de mulleres galegas pioneiras en distintos ámbitos da ciencia. O alumnado escolleu  por parellas unha destas científicas, investigou sobre o seu traballo e fixo as cartas. Cada unha delas leva un emoji que representa á científica, o seu nome e un breve resumo da súa labor. Ademais, teñen fondos de distintas cores dependendo do ámbito de traballo (química, bioloxía, matemáticas, ensinanza...).

 

O obxectivo é facer un xogo de cartas similar ao de Mujeres con ciencia (https://mujeresconciencia.com/2015/09/09/el-juego-de-cartas-mujeres-de-ciencia/) e adaptalo a un escape room para os máis cativos do centro que se realizará nos vindeiros cursos.

 

Esta é unha mostra das cartas realizadas polos alumnos:

12
11
10
9
8
7
4
1
2
3
6
5
bottom of page