top of page
logo club de arte ENCABEZADO-06.jpg
ICONOS WEB WIX-09.png
ICONOS WEB WIX-11.png
ICONOS WEB WIX-10.png
ICONOS WEB WIX-12.png
ICONOS WEB WIX-14.png
ICONOS WEB WIX-13.png
logo club de arte-08.png

Talleres
MÉRCORES
VENRES 

no recreo
na aula de Debuxo

Esta semana inauguramos o noso Club de Artes. Antes, derrubamos mitos, tópicos, estereotipos e prexuízos. Están tan estendidos que deberiamos sucumbir e acatar. Con todo, temos unha gran responsabilidade: educar. Hai alumnado que, a pesar desa carga, embárcase nesta aventura, a risco de ser etiquetado. E nisto consistiu precisamente a nosa performance. Quixemos denunciar, sorprender, desconcertar, convidar á reflexión e informar. E todo empezou cun macarrón. Un aquí, outro alá. Dous onte, tres mañá. Os macarróns fóronse expandindo e ocuparon tempos e lugares: nunha impresora, na repisa dun baño, na sala do profesorado, nas aulas, nos corredores… Empezaron timidamente. Ao principio, se alguén se topaba cun macarrón solitario, atribuíao ao azar. Cando a acción se repetía, e xa se sumaban dous ou tres, causaba estupor e desvarío. De ser un feito de carácter individual, pasou a ser unha rexouba social. E empezaron as divagacións sobre o xurdimento de tanto macarrón. Fomos, aos poucos, despexando o enigma e, como non, fixémolo con etiquetas. Coas etiquetas que nos atribúen aos que somos de Artes. E, por suposto, tamén con etiquetas informamos. Preparamos un panel con todas as grandes cousas que se poden facer a través da arte. Porque non só pegamos macarróns… 

A nosa campaña foi un éxito e a aula do Club de Artes estaba a rebordar de xente expectante e entusiasta, libre de complexos e limitacións. O noso club será un dos proxectos vinculados ao Plan Proxecta Donas de Si no que esperamos participar. Será un espazo coeducativo sostido na creatividade, na inclusión, na igualdade de xénero, na mirada feminista e na educación transformada. Foron as miñas alumnas de Proxectos Artísticos do curso pasado as inspiradoras deste proxecto. O lema do cartel que gañaron no Certame 8-M da Xunta de Galicia constitúe a mecha que puxo todo en marcha: “Elas abriron o teu camiño. Agora depende de ti”. Pois ben, elas, as miñas alumnas, recolleron esa testemuña e agora serán elas as que abran novos camiños. De aí esa interpretación de “educación transformada”. Elas participarán tamén na impartición destes talleres. 

En fin, esperámosvos os mércores e os venres na hora do recreo na aula de Debuxo.

bottom of page