top of page
logo club de arte-05.png

8 MARZO
​Día Internacional da Muller

POR CRISTINA KNIGHT ASOREY

Para conmemorar o Día Internacional da Muller (8 de marzo), o alumnado de 2º ESO A participou na materia de inglés no proxecto Sheroes. O obxectivo principal era visibilizar a mulleres deportistas, e así mesmo coñecer os logros acadados por elas. Isto levouse a cabo despois de varias sesións reflexionando sobre as diferenzas no deporte entre homes e mulleres, sobre todo dende o ámbito dos medios de comunicación, xa que ao comezar o proxecto a meirande parte do grupo non coñecía ás deportistas.

Despois de esas sesións iniciais, o alumnado comezou a traballar por parellas na creación dun póster. Para iso, engadimos o nome de once deportistas na aplicación “Wheel of names”, e ao xirar de maneira aleatoria, a cada grupo lle foi asignada unha muller.

O alumnado adicou dúas sesións á creación dos pósters, e á presentación diante do resto de compañeiros/as da súa sheroe (heroína). Os proxectos finais foron das seguintes mulleres: Serena Williams (xogadora de tenis), Alexia Putellas (futbolista), Ana Peleteiro (atleta de triple salto), Julia Krajewski (xinete), Chloe Kim (deportista olímpica de snowboard), Susana Rodríguez Gacio (campioa paralímpica de triatlón adaptado), e Brittney Griner (xogadora de baloncesto).

GENDER PROPAGANDA
POR LUCÍA TEIJERO PAREDES

O alumnado de 1ºA de bacharelato realizou unha análise de propaganda en inglés do dirixido rol histórico da muller, empregando pósters, slogans e materiais audiovisuais xa difundidos na poboación en épocas de guerra e posguerra.

 Ademais, realizouse unha análise do impacto social causado pola propaganda estudada.

 

O obxectivo principal deste actividade foi fomentar o pensamento crítico entre o alumnado, así como o seu traballo autónomo (para a realización da análise e da posterior gravación dos arquivos) e mais o traballo de comprensión e produción oral e escrita do alumnado en lingua estranxeira (inglés).

 

Do mesmo xeito, tiveron que realizar investigacións para atopar fontes de información e de consulta para a realización da análise, para o cal se lles proporcionaron certas guías.

 

 Por último, expuxéronse os pósters no centro educativo para concienciar ao alumnado da necesidade da loita pola igualdade efectiva e real na sociedade.

GENDER PROPAGANDA
POR MAR VILLAR RODIL

O alumnado de primeiro de bac participou ao longo do curso 22-23 no proxecto “Donas de si”en tódolos trimestres. O seu traballo e investigación cristalizou na produción dun vídeo por alumno cada trimestre que serviu para valoración como exame oral. 


No proxecto empregouse o tratamento da muller e a súa imaxe segundo é representada en diferente material gráfico en distintos momentos da historia. Deste xeito, no primeiro trimestre analizouse o tratamento instrumental e arquetípico da muller nos pósters e prensa dos conflitos bélicos da primeira e segunda guerra mundial, no segundo trimestre afondouse no seu tratamento en prensa escrita, tanto periódicos e revistas entre os anos 60 e 80 con fines comerciais, e por último, no terceiro trimestre o alumnado fixo unha escolla ou produciron eles mesmos cómics, tiras cómicas o viñetas no que observaran ou plasmasen un tratamento da muller non axeitado na actualidade. 


Este traballo, ademais de practicar distintas destrezas da lingua inglesa,  favoreceu a reflexión sobre o emprego inxusto da muller como ferramenta, como obxecto, como arquetipo, como caricatura e mesmo obxecto de burla. Así mesmo traballouse a historia recente, o emprego de ferramentas tic e criterios de busca e selección de datos, o emprego de certos recursos visuais e simbólicos, o traballo en grupo e individual e a cooperación co auxiliar de conversa.

GENDER PROPAGANDA DURING AND AFTER WORLD WARS

Captura de Pantalla 2023-06-29 a las 11.38.21.png

WAKELET  con información necesaria para contextualizar historicamente a propaganda (primeira avaliación) da primeira e segunda guerra mundial, así como a manipulación mediática da figura e arquetipo feminino. Ademais, foméntase a análise das consecuencias sociais, o movemento para o sufraxio feminino e a apertura dos roles tradicionais. Neste aspecto, contamos coa colaboración do noso auxiliar de conversa, Matthew Boyd, de nacionalidade estadounidense que comentou e aclarou nas clases quincenais, algún aspecto sobre este contexto histórico moi atractivo ao alumnado.

MYSOGINISM IN POSTERS, COMMERCIALS AND COMIC BANDS

Captura de Pantalla 2023-06-29 a las 11.40.39.png

PADLET colaborativo co alumnado de 1bac B, E e F. Neste Padlet incorpóranse os materiais gráficos obxecto de traballo e os vídeos que foron a produción para o exame oral en cada avaliación. Do mesmo xeito, figuran follas de traballo ou guións para axudar neste traballo. Compre aclarar que a puntuación destes traballos como nota oral é dunha porcentaxe do 20% da nota final de cada trimestre na materia de inglés de primeiro curso de bac.

GENDER ADVERTISING AND PUBLICITY

Este arquivo amosa os materiais gráficos para o segundo trimestre. Neste caso os materiais non foron impresos e plastificados para seren mostrados nas paredes do centro, coma fixéramos no primeiro trimestre (imaxe que aparece en sección de Lucía Teijeiro, pois traballamos colaborativamente). Esta decisión de non mostrar estas imaxes publicamente debeuse a crueza e ata violencia dalgunhas delas, como se pode apreciar facendo un percorrido polo arquivo.

PROPAGANDA POSTER ANALYSIS WORKSHEET
 

Esta é a folla de traballo ou guión para o primeiro trimestre. Pediuse ao alumnado que fixeran un pequeno axuste para empregar a mesma folla no segundo trimestre, xa que tanto a propaganda coma a publicidade poden ser analizadas de un xeito parecido. Lembrouse ao alumnado que esta folla era unha guía pero non era obrigado facer os vídeos empregando a mesma orde e os mesmos puntos. Así mesmo, falouse que os vídeos debían ter entre 2 e 5 minutos, mínimo e máximo respectivamente.

MISOGYNISTIC COMIC 
BAND

 

Neste caso se mostra a folla de traballo para o vídeo da terceira avaliación. Invitouse ao alumnado nesta ocasión a que elaborasen eles mesmos o material gráfico, aspecto que implicou moito ao alumnado de bacharelato de arte. Pedinlles expresamente que incluísen as súas producións artísticas no PADLET. Debo destacar a implicación das alumnas: Sofía Dapena Astorga, Celeste Díaz Fernándes e Begoña Ares Gago. Os materiais creados por estas alumnas figuran no PADLET de máis arriba.

Traducindo do galego
ao inglés po
lo 25 N

 

 

POR CRISTINA KNIGHT ASOREY

Dende o departamento de inglés conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller traducindo do galego ao inglés os pósters creados polo alumnado de 1º ESO B sobre mulleres autoras. Isto permitiu ao alumnado reflexionar sobre a vida e obra de escritoras como Ana Vila Portomeñe, Teresa Moure, Olga Novo, ou Ledicia Costas. Ao mesmo tempo pudieron trasladar estes novos coñecementos adquiridos á lingua inglesa.

bottom of page