top of page
logo club de arte-03.png
logo club de arte-05.png
logo club de arte-04.png

25 NOVEMBRO
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

POR ANA AYÁN

Captura de pantalla 2024-06-25 a las 12.23.35.png

Para facer esta actividade o 25 de novembro (Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero) participamos os grupos de 2º ESO B e C.

​

Ao comezo había moitas ideas soltas, o primeiro grupo propuxo facer lazos con datas e nomes de mulleres que morreron no 2023. Outro propuxo facer un xogo chamado A busca do tesouro, no que ao final encontraramos unha caixa para introducir nela as vivencias relacionadas coa violencia cara á muller. Porén, a idea final foi poñer unha caixa na entrada do instituto para que todas as persoas deixasen mensaxes nela. Podían meter as súas vivencias ou opinións sobre a violencia de xénero.

Captura de pantalla 2024-06-25 a las 12.23.46.png

A CAIXA MORADA
E OS LAZOS DO RECORDO 

 Ademais, tamén fixemos os lazos morados nos que incluímos os nomes de todas as mulleres, rapazas e nenas que morreron no ano 2023 por culpa do maltrato. Todo isto fíxose co fin de coñecer a realidade do noso centro en relación coa de violencia de xénero.

​

Entre os grupos de 2º ESO C e 2º ESO B logramos levar a cabo esta proposta. Os de C decoramos a caixa, e os de B axudamos a facer os lazos e repartimos papeis por todas as aulas anunciando onde estaba a caixa, cal era a súa finalidade e como participar. Colocámola o día 22 de novembro e recollémola dúas semanas despois.

Ao abrir a caixa atopamos

1O PROMESAS

respecto   loita

voz       vida        defensa

11 VIVENCIAS

abuso    violencia   maltrato    discriminación                        forzar                 violación         manipulación

Con esta actividade aprendemos moito, xa que nos fixo concienciarnos grazas ás vivencias e mensaxes que a xente nos trasmitiu mediante esta caixa. Foi moi duro ler algunhas experiencias, pero o máis importante foi a aprendizaxe que sacamos despois disto.

​

Valoramos e agradecemos a valentía que supón expresar feitos tan persoais e dolorosos. A nós esta caixa abriunos a mente, pois démonos conta de que a violencia está preto de nós. Aprendemos a importancia do respecto mutuo nas parellas e tamén entre todos nós, posto que cando hai unha relación na que existe o maltrato, a violencia, a manipulación ou a discriminación, hai que poñerlle freo. Para isto, soubemos da importancia de comunicalo, de pedir axuda.

AS AVOAS MOAN
POR ANA AYÁN

Fixemos este traballo de entrevistar ás nosas avoas co fin de coñecelas mellor, xa que son unhas persoas da nosa familia moi importantes para nós.

​

Captura de Pantalla 2024-07-04 a las 0.28.19.png

O proceso para facer o traballo foi o seguinte:
1- O primeiro que fixemos foi facerlle unha entrevista ás nosas avoas, cada un pola súa conta. Gravámolas
co móbil: nós facíamos preguntas que elas respondían con amabilidade.
2 -Despois, transcribímolas por parellas a un documento no ordenador. Deste xeito tiñamos as entrevistas
en audio e por escrito.
3- Logo puxemos as preguntas en común con toda a clase nun documento, para organizarnos mellor.
4- A continuación, cortamos o audio nunha aplicación de edición chamada Audacity, para obter os
fragmentos de cada resposta.
5- Dividímonos en parellas e tamén fixemos un equipo técnico que se ocupou de xuntar os audios nunha
presentación.
6- Volvemos repartirnos en tres grupos: redactores (os encargados de redactar o que fixemos para a revista do instituto), investigadores (miran como difundir este proxecto á xente) e por último os publicistas. Entre todos os grupos intentamos darlle máis visibilidade ao noso proxecto "As avoas molan"
7- Difundir o proxecto.


Este proxecto axudounos moito a relacionarnos máis coas nosas avoas e así tamén puidemos coñecer o
seu pasado. Por exemplo: xogos de antes, o que facían no seu tempo de lecer...
Compartimos lembranzas e divertímonos moito facendo as entrevistas.

bottom of page