top of page

8M. PROXECTO SHEROES

POR CRISTINA KNIGHT ASOREY

Para conmemorar o Día Internacional da Muller (8 de marzo), o alumnado de 2º ESO A participou na materia de inglés no proxecto Sheroes. O obxectivo principal era visibilizar a mulleres deportistas, e así mesmo coñecer os logros acadados por elas. Isto levouse a cabo despois de varias sesións reflexionando sobre as diferenzas no deporte entre homes e mulleres, sobre todo dende o ámbito dos medios de comunicación, xa que ao comezar o proxecto a meirande parte do grupo non coñecía ás deportistas.


Despois de esas sesións iniciais, o alumnado comezou a traballar por parellas na creación dun póster. Para iso, engadimos o nome de once deportistas na aplicación “Wheel of names”, e ao xirar de maneira aleatoria, a cada grupo lle foi asignada unha muller.

O alumnado adicou dúas sesións á creación dos pósters, e á presentación diante do resto de compañeiros/as da súa sheroe (heroína). Os proxectos finais foron das seguintes mulleres: Serena Williams (xogadora de tenis), Alexia Putellas (futbolista), Ana Peleteiro (atleta de triple salto), Julia Krajewski (xinete), Chloe Kim (deportista olímpica de snowboard), Susana Rodríguez Gacio (campioa paralímpica de triatlón adaptado), e Brittney Griner (xogadora de baloncesto).





bottom of page