O alumnado de 1°ESO-B do noso IES aproveitou as aprendizaxes arredor dos xéneros literarios para reflexionar sobre os escritores e escritoras que coñecían, case todos homes Por iso, realizaron unha webquest por parellas sobre mulleres autoras na que investigaron e deron a coñecer ao grupo-clase figuras como Teresa Moure, Olga Novo, Arancha Nogueira ou María Reimóndez, entre outras. Como resultado desta actividade, elaboraron pósters de cadansúa autora e penduráronos no corredor do centro, aproveitando a conmemoración do 25N. Como colofón a este microproxecto, o venres 25 de novembro recibimos á autora Ana Vila Portomeñe, que conversou con todo o alumnado de 1°ESO sobre a escrita feminina en galego, entre outras cuestións.
top of page
bottom of page