Tras ver que o número de vítimas de violencia de xénero segue aumentando e o falar de cifras parece que non impacta, no IES Ollos Grandes decidimos crear unha exposición nos corredores do centro para concienciar ao noso alumando.
Colocamos unha silueta por cada muller asasinada este último ano. Cando empezamos a traballar eran 47 mulleres, a semana da exposición 52 e o mesmo día da montaxe, convertéronse en 53 vítimas.
O ver o espazo que ocupan 53 persoas foi desolador. Trátase dunha actividade interdisciplinar e internivelar, na que participamos moitos membros do profesorado e do alumnado, todos por unha causa común.
Tivemos o pracer de contar coa presenza da concelleira Ana González Abelleira, que sempre nos impulsa e promove as nosas iniciativas.
Profesorado participante:
-
Ana Carballas Pérez
-
Miguel Díaz Valdés
-
Jesús Álvarez Arias
-
Daniel Díaz Trigo
-
Mariel Méndez Cachafeiro
-
Jessica Mera Redondo
Alumnado participante:
-
4º ESO. Expresión Artísitica
-
1º BAC. Proxectos Artísticos
-
2º BAC. Deseño
-
CLUB ARTE
FASES
Un proxecto convértese nun gran proxecto cando inspira a outras persoas para seguir creando. O profesor de música Miguel Díaz ao ver a exposición escribiu o poema Arrepío e Daniel Díaz Trigo ao lelo creou este marabilloso vídeo.
ARREPÍO
Arrepía camiñar entre sombras,
entre estas sombras,
siluetas escuras
que deberan doernos na alma.
Foran mulleres vivas,
eran o que todas nós somos:
esperanzas, traballos, angustias,
desexos, afáns,
proxectos de vida…
De vida arrincada de xeito salvaxe
pola máis salvaxe violencia homicida.
Se camiñas entre elas
deixa que che doia,
deixa que te abraie o seu número indigno
que non foi abondo para as mortas dun ano.
Deixa que te fira,
e pensa en facer algo
para non avezarnos,
para non resignarnos…
para que isto non sexa tan só
unha mera liturxia
repetida ano a ano.
Por Miguel Díaz Valdés
Artigo no Progreso
Tivemos o pracer de contar coa presenza da concelleira Ana González Abelleira, que sempre nos impulsa e promove as nosas iniciativas.