top of page

8 M Día Internacional da Muller

Para conmemorar o Día Internacional da Muller, na materia de Educación Plástica Visual e Audiovisual, o alumnado de 3º ESO, ilustrou a mulleres relevantes galegas de diferentes ámbitos.


Para iso, primeiro buscaron información coa axuda de profesoras doutras materias. Da investigación de mulleres científicas ocupouse María Moares de Física e Química e da procura de escritoras galegas ocupouse Lucía González, de Lingua e Literatura Galega.

Para crear a exposición buscamos unha estética común, por iso, a ilustración situouse nun espazo cos mesmos marxes, puxemos o nome da muller coa mesma tipografía, tamaño e peso e engadimos os logos (un da especialidade á que corresponde á muller e outro o de Cos ollos na igualdade). As técnicas para pintala foron libres ( lapis de cores, rotuladores, acuarelas...)


Jessica Mera Redondo




bottom of page